Description
Libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil Situada en pleno Casco Vello vigués, en LIBROS PARA SOÑAR pódese atopar unha ampla e variada oferta de álbums ilustrados e material para pre-lectores, ademais de novelas, libros de arte e xogos educativos.
Os mércores cada quince días a partir das 17:30h. celébranse sesións de contos para bebés. Todos os venres hai actividades de animación á lectura para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Tamén se programan presentacións de libros, obradoiros de plástica creativa, encontros con autores e ilustradores, exposicións de ilustracións, cursos de formación para docentes, bibliotecarios e animadores socio-culturais.
Tell your friends
Quiz
