Top Local Places

Amabul, Asociación medioambiental de Vedra

Aula Ambiental Amabul - Trobe, Vedra, Spain
Nonprofit Organization

Description

ad

AMABUL é unha organización sen ánimo de lucro que loita por pór en valor o acervo natural da comarca da Ulla. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, tentando ser referente na educación ambiental das mesmas.

RECENT FACEBOOK POSTS

facebook.com

IV Xornadas Micolóxicas COGOMELAR A asociación AMABUL ten o gusto de presentarvos o cartel do COGOMELAR deste outono. Serán un total de 4 xornadas teórico-prácticas que se desenvolverán no Pazovistaalegre os sábados 30 de setembro e 7, 14 e 21 de outubro entre as 11 e as 18 horas. Aquelas/es participantes que o desexen, tamén poderán reservar, a un prezo especial, o seu menú de outono. INSCRICIÓNS E RESERVAS no 620 424 090 ou no Facebook de Amabul, Asociación medioambiental de Vedra

facebook.com

facebook.com

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Grazas Vedra!!!

facebook.com

facebook.com

Coa convivenza no Albergue Xuvenil "As Sinas" (Vilanova de Arousa) pomos fin á 10ª Escola de Verán AMABUL. Agradecer a todas e todos as/os participantes, ao grupo de monitorado e voluntariado, ao Concello de Vedra e ás Alumeadas: María Mera, Chio Couto Rendo, Isa Albela, Barbarita Penas, Inés Ferradáns Rendo e Tania Seoane Mera. Agradecerlles a todas estas almas a boa enerxía que exerceron na mesma dirección neste mes de xullo, a unísona colaboración, a actitude aberta á coaprendizaxe e sobor todo as gañas de ser un, de ser todos; de ser para deixar unha pequena pegada na pequena historia da Escola de Verán. Moitos pequenos ... Somos un grande... GRAZAS!!!

facebook.com

Na Escola de Verán Amabul seguimos a gozar o verán. Esta semana tivemos moito xogos e moito traballo, mais non faltaron as ganas e os sorrisos de todas cantas formamos parte dela. Visitamos moitos espazos naturais de Vedra, afondamos en como tomar as propias decisións e coñecemos a mulleres que son un exemplo a seguir, que nos trouxeron frescura e enerxía. Seguimosna descubrir Vedra e a descubrirnos!

facebook.com

A segunda semana da Escola de Verán Amabul foi das máis intensas, con dous días de convivencias e o sábado facendo o camiño xacobeo Miñoto-Ribeiro. O luns comezamos con xantar colectivo, coñecéndonos cada vez máis e gozando cada segundo compartido, amais tamén nos tocou empezar a crear... O martes fixemos a ruta do Pereiro, onde puxemos a traballar todos os sentidos para expresarnos e sentir todo o atopado. O mércores tivemos obradoiro de xénero, no que afondamos en nós mesmas, na sociedade na que vivimos, no futuro que queremos... O xoves e o venres fomonos a Mouriscade, onde fomos libres con xogos tradicionais, obradoiros naturais, bailes, carreiras de orientación... e unha gran velada, das que non se esquecen! O sábado as forzas flaqueaban, pero as/os máis valentes chegamos ata a Catedral, onde nos fixemos ver e oír. O importante, coñecernos, coñecer o noso entorno, aprender del e gozar, tendo un verán distinto!

facebook.com

Rematada a primeira semana da Escola de Verán Amabul só podemos alegrarnos do xeniais que son as/os participantes deste ano. Unha semana afondando nas emocións, no sentir e no ser compañeiras/os. Tivemos grandes xogos, misterio, deportes... e rematamos cunha visita a Camariñas, onde visitamos o Museo Man de Camelle e tivemos a sorte de coñecer a unha palilleira incrible que comezou a alumearnos.

facebook.com

3_Xullo_2017... Data inesquecible para unha trintena de mozas e mozos da nosa contorna, data na que un novo proxecto educativo nace ao abeiro da pedagoxía aberta de AMABUL... Baixo o lema "Alumeadas" traballaremos para a revalorización do rol das nosas mulleres, nais e traballadoras, estudantes e compañeiras, que fixeron e fan moito co seu carácter emprendedor e dinamizador, configurando un entorno único e debuxando unha paisaxe sociocultural e humana chea de ilusión, chea de afouteza, chea de optimismo... Por un xullo MAISE e MILLOR... Grazas Muller!

facebook.com

facebook.com

Un ano máis, o equipo directivo e pedagóxico de AMABUL reuniuse coas mamás e papás das nenas/os que a partir de mañá participarán na décima edición da Escola de Verán. Animar a todas as persoas que forman parte desta experiencia, comenzando polas nenas e nenos que son as/os verdadeiras/os protagonistas, a construir novamente un espazo de aprendizaxe vital, de descubrimento e sobor todo, de alegría. O presente é voso!!!

facebook.com

Xa quedan poucas prazas para a Escola de Verán Amabul, estamos desexando comezar e vivir un Xullo diferente.

facebook.com

Quiz

NEAR Amabul, Asociación medioambiental de Vedra