Top Local Places

Masaxe Ayurveda e Kobido

Rua 9 de Agosto 97 C Baixo K, Santa Eugenia de Ribeira, Spain
Spas/beauty/personal care

Description

ad

Centro de Terapias Surya... un espazo para descansar, atoparte contigo mesm@ e tomar conciencia do teu corpo e da tua mente. Ven a probar unha masaxe diferente que espertara os teus sentidos ¡¡. Consultas en Ribeira e Ourense. Cita Previa.  MASAXE AYURVEDA .

Abhyanga, tamén coñecida coma masaxe ayurvédica provén da medicina tradicional hindú, chamada medicina ayurvédica, con arredor de 5000 anos de vixencia e que forma parte dos textos sagrados da India.. Os Vedas.
A palabra "Ayurveda" significa "ciencia da vida" e está considerado o sistema curativo máis comprensible e antigo do mundo ao tratar conxuntamente corpo, mente e espírito.
Seguindo esta filosofía de vida, ofrézoche unha masaxe de corpo enteiro que inclúe drenaxe linfático, reflexoloxía podal, manipulación dos puntos marma e dos canais de enerxía do corpo. Proporciona unha sensación de benestar única, nun ambiente coidado, con unha iluminación, temperatura e música que resultan moi agradables.
É unha masaxe longa, de mínimo 2 horas, para que poidas desconectar da túa vida diaria, atoparte contigo mesmo/a e descansar.
Vai dirixida a persoas, tanto homes coma mulleres, que precisen un lugar onde descansar tanto fisica como mentalmente, liberarse do estrés diario ou a quen, simplemente, lle apeteza desfrutar dunha masaxe diferente.
Ideal para darte un mimo ou para regalar a quen ti queiras.


MASAXE AYURVEDA PRE-MAMÁ .

Se estás embarazada tamén podes vivir esta experiencia adaptada a ti. Estarás co teu bebé en perfecta sincronía tanto a nivel fisico como mental. Notarás como vos sentiredes estupendamente, pois esta unión armónica da man dunha masaxe ayurvédica fortalece o sistema inmune e ten un efecto calmante. O estrés escapa e así faiselle frente ao cansazo, e durmirás mellor.
Non perdas esta oportunidade de relaxarte e sentir o ayurveda coma unha terapia innovadora e relaxante.

SERVIZO A DOMICILIO .

BENEFICIOS DA MASAXE AYURVEDA:

* Axuda a superar a fatiga física e o estrés proporcionando un estado de relax e benestar.

* Impide os problemas relacionados co sistema nervioso e aporta un reequilibrio psicofísico.

* Agudiza a vista, o oído, disminue o insomnio e promove o vigor físico e a vitalidade.

* Axuda ao corpo a asimilar os alimentos e a eliminar as toxinas.

* O tratamento no rostro é útil para aliviar dores de cabeza, tortícolis e mareos, problemas visuais, dor de moas etc...

* A masaxe de pes e pernas tonifica os vasos sanguíneos e os músculos das pernas, fatigadas polos excesos da vida diaria ou debido a un excesivo sedentarismo.

* A masaxe na espalda elimina o estrés, descarga os ombros e impide a dor de cabeza.

* A masaxe no peito e abdome libera as emocions estancadas, facilita o equilibrio dos órganos e contribúe a controlar a tensión arterial.

Quiz