Top Local Places

Pontevedra Psoe Provincial

Nostramo Lourido 7, Pontevedra, Spain
Political organization

Description

ad


RECENT FACEBOOK POSTS

facebook.com

Santos Héctor reclámalle a Núñez Feijoo que cese inmediatamente ao tenente de alcaldesa de Moraña polos seus insultos nas redes sociais á presidenta da Deputación Pontevedra 2-2-2016.- O secretario provincial do PSdeG-PSOE e voceiro socialista na Deputación, Santos Héctor, reclámalle ao Presidente da Xunta e Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que cese de maneira inmediata ao tenente de alcaldesa do concello de Moraña, Jorge Caldas Domínguez. Jorge Caldas comparteu e fixo comentarios no seu muro de Facebook sobre a presidenta da Deputación, Carmela Silva, con expresións cargadas de “violencia machista contra as mulleres”. Santos Héctor sinala que Núñez Feijoo e a propia alcaldesa de Moraña non poden manter entre as súas filas a personaxes como este que usan este tipo de expresións contra a muller. “Os veciños e, sobre todo as veciñas de Moraña, non poden manter a un tenente de alcaldesa que sen ningún tipo de crítica política cualifica a unha muller de zorra polo mero feito de ser muller”, subliña o voceiro do PSdeG-PSOE. E máis, o secretario dos socialistas da provincia, pídelle explicacións á propia alcaldesa de Moraña, Maria Luisa Piñeiro, que ratificou os insultos cun “Me Gusta” en Facebook. “A alcaldesa tería que asumir as súas responsabilidades por avalar cun “Me Gusta” este tipo de insultos machistas e dar explicacións a todos e todas os veciños da súa localidade”, sinalou Santos Héctor. O secretario xeral dos socialistas insiste en que o Partido Popular debe de tomar medidas urxentes contra este concelleiro e Tenente de Alcaldesa de Moraña, “pobo que non se merece ser coñecido por personaxes como este que fan gala da violencia machista contra calquera muller”.

facebook.com

Quiz

NEAR Pontevedra Psoe Provincial

Gimnasio Mat's

Pontevedra, Spain
Sports/recreation/activities