Top Local Places

Casa niño Abeiro

, Orense, Spain
Education

Description

ad

Somos unha alternativa educativa máis respectuosa e enriquecedora cás gardarías e escolas infantís tradicionais, na que priman o apego e o respecto.
QUE É A CASA NIÑO ABEIRO?

A Casa Niño Abeiro é un proxecto de educación, atención, acompañamento e coidado dirixido a un grupo pequeno de nenos (máx. 4), dende os 4 meses ata aproximadamente os 3 anos. É unha alternativa respectuosa e máis enriquecedora cás gardarías e escolas infantís tradicionais, na que priman o apego e o respecto ó neno.

A Casa Niño Abeiro ten como base unha crianza respectuosa, afectiva, paternomaternal, caseira e totalmente individualizada na que cada un dos nenos e nenas é libre de avanzar ó seu propio ritmo sen presións externas; na que se lles permite e anima a que sexan os protagonistas da súa propia educación,  nutrindo as súas ganas innatas de saber e aprender, facilitándolles multitude de experiencias e materiais para que exploren e manipulen e na que se lles deixa ser libres para explorar e afondar en todo aquilo que esperte o seu interese.


A QUEN NOS DIRIXIMOS?

O servizo da Casa Niño vai dirixido a todas as familias con fillos e fillas menores de 3 anos que desexen unha atención personalizada, en grupos pequenos e con unha figura de referencia estable.

Á poboación a que nos diriximos ten diferentes perfís:

-Familias con necesidades dun servizo que se adapte ás súas necesidades para axudar á conciliación familiar e laboral, con horarios flexibles.
-Familias procedentes de outras comunidades autónomas ou de outros países que xa coñecían este tipo de servizo nos seus lugares de orixe.
-Familias cunha sensibilidade e unha preocupación para que os seus fillos reciban unha atención individualizada, nun contexto estable, cun acompañamento permanente, valorando especialmente os procesos de vinculación e autonomía.

**Esta proposta pertence o Proxecto de Atención á Infancia do Ciclo Superior de Educación Infantil e de momento só é un proxecto**

Quiz