Concello de Oleiros
Description
Páxina oficial de facebook do Concello de Oleiros
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comO Atlético San Pedro proclamouse campión do XLVII Trofeo Concello de Oleiros tras vencer ao Marino de Mera por 4 goles a 2 na final disputada en Iñás. Marcos, Dani en dúas ocasións e Gabi foron os goleadores de Nós e Mario Rei e Mario García os de Mera.
O Concello de Oleiros realizou esta tarde o acto público de inauguración do campo de fútbol municipal de Iñás.
Último sábado de verán con Música na rúa en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera desde as 20:00 horas.
O Atlético San Pedro será o rival do Marino de Mera na final do Trofeo Concello de Oleiros logo de derrotar nas semifinais ao Santa Cruz por 5-4.
O obxectivo destas prestacións é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar: material escolar, mochilas, dicionarios, libros…. Estas subvencións son compatibles coas axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en idade escolar. Aproximadamente na segunda semana de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, as familias beneficiadas recibirán os cartos.
O Concello destinará unha partida de 6.000 euros dirixida a sufragar as viaxes que teñen que realizar os deportistas do municipio aos campionatos que teñen lugar no estranxeiro. Uns gastos, que na maioría dos casos, teñen que afrontar os propios deportistas ante o desentendemento das súas respectivas federacións.
O Marino de Mera será un dos finalistas do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol logo de derrotar ao Dorneda nas semifinais por 10-2.
O sábado ás 18:00 horas inaugurarase o campo de fútbol municipal de Iñás, no que o Concello de Oleiros investiu 788.247 euros. Ás 18:30 horas celebrarase a gran final do Trofeo Concello de Oleiros e antes do acto, a partir das 16:00 horas, disputaranse diversos partidos entre os equipos das categorías inferiores do Atlético San Pedro e do Xuventude de Dorneda.
Rubén Río proclamouse campión do mundo de balonmán en Alxeria. Este extraordinario deportista, veciño de Perillo, anotou 8 goles no torneo e actualmente xoga na máxima categoría do balonmán estatal nas filas do Atlético Valladolid. Parabéns campión!
As instalacións deportivas públicas son para o uso e disfrute de equipos, deportistas e veciños do municipio. Actos vandálicos como os que se produciron no campo de fútbol municipal de Montrove non deberían suceder nunca.
Marino e Atlético San Pedro toman vantaxe para disputar o sábado a final do Trofeo Concello de Oleiros. No partido de ida das semifinais, os de Mera venceron 4-1 ao Dorneda e os de San Pedro impuxéronse por 4-2 ao Santa Cruz.
Minuto de silencio na Casa do Concello en memoria das vítimas do atentado de Barcelona.