Partido Popular de Lalín
Description
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comPartido Popular: Sonrisas
Aqui tedes a intervención de Eva Montoto na que explica polo miudo o que realmente aconteceu no tema das calumnias o que Cuiña se refire como rapazallada ou caza de bruxas.
Photos from Partido Popular de Lalín's post
Moitas grazas á moita xente que nos acompañastes hoxe no mitin central, abarrotando o Auditorio Municipal.
Timeline Photos
Podese decir máis alto, pero non máis claro, o Partido Popular e o único que encara as eleccións en positivo e con un obxetivo claro; o pleno emprego.
Mitin Partido Popular
Timeline Photos
NOTA DE PRENSA PP DE LALÍN-MONTAXE ORQUESTADA NO CORPIÑO A CONCELLEIRA EVA MONTOTO SOLICITARÁ A COMPARECENCIA DE RAFAEL CUIÑA NO PLENO PARA QUE RESPONDA SOBRE A "BURDA MONTAXE" ORQUESTRADA DENDE A ALCALDÍA PARA DESPRESTIXIALA Asegura sentirse "insultada" cada vez que dende o goberno se tenta minimizar e equiparar este "Cuiñagate" coa recollida de sinaturas promovida polos taxistas Lalín, 7 de xuño de 2016. A concelleira Eva Montoto anuncia que o grupo municipal do PP de Lalín solicitará a comparecencia do alcalde, Rafael Cuiña, no vindeiro pleno da Corporación para que responda ás "numerosas preguntas que seguen no aire" sobre a "burda montaxe orquestrada dende a Alcaldía" para atacala politicamente e desprestixiala. Eva Montoto considera que as explicacións aportadas ata a data polo alcalde son "evasivas e nada convincentes e clarificadoras", polo que adianta que "ante a gravidade dos feitos que saíron á luz pública e á espera de coñecer en detalle as dilixencias practicadas pola Policía Xudicial, a comparecencia de Rafael Cuiña no pleno como o presunto máximo responsable desta montaxe é o mínimo que se lle pode esixir". A edil popular agarda que o rexedor estea "avergoñado" e que actúe "con responsabilidade" e dea explicacións a todos os lalinenses "por un comportamento antidemocrático, indigno e inmoral". Asegura sentirse "insultada" cada vez que dende o goberno se tenta minimizar e equipar o acontecido no caso do Corpiño coa recollida de sinaturas promovida polos taxistas: "no caso dos taxistas, o PP podía estar de acordo coa recollida de sinaturas ou non e incluso podía apoiala, pero iso non tiña nada de malo porque en ningún caso se cometía ningún delicto; pola contra, a trama orquestrada dende a Alcaldía trala moción do Corpiño é un auténtico Cuiñagate, no que presuntamente o alcalde impulsou e autorizou que se inventara ou suplantara unha identidade para arremeter contra unha concelleira da oposición, co agravante de reforzar persoalmente o propio alcalde esas críticas nos días posteriores, a sabendas de que estaban soportadas nunha falsedade".
Ir só na contra crea incongruencias, coalicions contra natura ou ter 120 gatos na casa....
NOTA DE PRENSA PP DE LALÍN-5 DE XUÑO O PP CRE "UN ESCÁNDALO MAIÚSCULO" QUE CUIÑA URDIRA DENDE A ALCALDÍA "COMO SE FOSE A MAFIA" A TRAMA CONTRA EVA MONTOTO -Os edís populares agardarán a coñecer en detalle as dilixencias da Policía Xudicial para decidir que accións levan a cabo contra "unha actitude presuntamente delictiva, inmoral e indigna por parte do alcalde de Lalín" -Subliñan que as novas publicadas nos xornais ata hoxe "deixan totalmente en evidencia esa nova política que Cuiña levaba un ano predicando, as súas permanentes leccións de democracia e o seu mantra de que nunca minte" -Reproban a actitude "cobarde e cómplice" dos socios de goberno (PSOE, BNG e APAC) por "pretender minimizar uns feitos sumamente graves" e replícanlle que "quedan desacreditados e retratados diante de todos os lalinenses" Lalín, 5 de xuño de 2016. O Partido Popular de Lalín considera "un escándalo maiúsculo" que Rafael Cuiña urdira dende a Alcaldía, "como se da mafia se tratase", a trama para desacreditar e atacar á concelleira Eva Montoto e ao PP lalinense trar presentar unha moción na que se solicitaban un plan turístico para aproveitar o fluxo de visitantes de o Corpiño. Os populares subliñan que as informacións publicadas nos xornais ata hoxe "xa deixan totalmente en evidencia esa nova política que Rafael Cuiña levaba un ano predicando, así como as súas permanentes leccións de democracia e o seu mantra de que nunca minte". En todo caso, os populares adiantan que agardarán a coñecer en detalle as dilixencias da Policía Xudicial para decidir que accións levan a cabo contra "unha actitude presuntamente delictiva, inmoral e indigna por parte do alcalde de Lalín". O PP asiste "atónito" ao intento do propio alcalde por "banalizar e restarlle importancia" ao acontecido cualificándoo como unha "rapazallada" ou "carallada" que lle "fixo graza". Fronte a esta "visión simplista e interesada", os populares ven "unha lamentable operación pseudomafiosa", levada a cabo "con premeditación e alevosía". Os populares salientan que os feitos "non se limitan a impulsar unha recollida de sinaturas contra a moción do PP", senón que, segundo afirma nun xornal o propio pedáneo de Castro de Cabras, presuntamente Cuiña aproveitou unha reunión sobre temas desa parroquia para inducilo a suplantar ou inventar unha identidade falsa coa que atacar a Eva Montoto e ao PP. Por iso, o PP ve ao alcalde como "indutor, cómplice e máximo responsable desta operación". Non contento con iso, despois da publicación das críticas do suposto Luis Madriñán Crespo, "o propio alcalde, a sabendas de que ese testemuño era falso e fora concebido e inducido por el mesmo, aproveitou as súas redes sociais e un xornal para atacar duramente a Eva Montoto e ao PP". Ante esta situación, o PP advirte de que non vai permitir que o goberno tente reducir estes "feitos tan lamentables" a "algo anecdótico". Por iso, reproba e cuestiona a "actitude cobarde e cómplice" dos socios de goberno (PSOE, BNG e APAC): "ao tentar minimizar a relevancia duns feitos tan sumamente graves, unicamente por intereses partidistas e particulares, están a quedar desacreditados e retratados diante de todos os lalinenses". "Non se pode estar todos os días dando leccións de democracia nos xornais e logo, dende a sombra, funcionar como a mafia", salientan os populares. Así, consideran "inquietante" que o alcalde "orquestrase semellante montaxe simplemente para dar resposta a unha moción do PP que poderían ter rexeitado no pleno como tantas outras" e afirman que "case dá medo pensar ata onde podería chegar con calquera outra acción con máis enxundia". Finalmente, fronte ás acusacións recibidas de "xudicialización da política", o PP lembra que a denuncia presentada por Eva Montoto non ía dixirida contra o alcalde nin contra ningún membro do goberno: "Eva actuou como unha muller valente que ía coa verdade por diante e que sabía que non presionara nin coaccionara a ninguén, polo que fixo valer os seus dereitos para defender a súa honra e que prevalecera a verdade. Agardamos que as dilixencias xudiciais esclarezan o acontecido polo miúdo e delimiten as responsabilidades que poida ter Rafael Cuiña nesta operación".
A favor de tu futuro concretando: 26 medidas para el 26J
Timeline Photos
NOTA DE PRENSA EVA MONTOTO IRONIZA COS “SUPERPODERES” QUE LLE ATRIBÚE CUIÑA AO ACUSALA DE “PRESIONAR" A ALGUÉN QUE NON COÑECE Pídelle ao alcalde que aclare se está de acordo cunha "presunta" recollida de sinaturas "coa que se amosa tan entusiasmado" Lalín, 23 de maio de 2016. A concelleira do PP de Lalín Eva Montoto Méndez ironiza cos “superpoderes" que lle achaca Rafael Cuiña ao acusala de "presionar a unhas persoas" -os responsables da recollida de sinaturas- que non coñece nin ela "nin tampouco ningún dos moitos veciños de Losón e representantes de colectivos da parroquia e do santuario que chamaron para respaldar a iniciativa do PP porque a consideran positiva para O Corpiño”. "Quen si sabe moito de presións e de como se xoga desde a sombra é o propio alcalde e exemplos ben claros tivemos hai moi poucas semanas, aínda que lle saíran mal”, afirma a concelleira. Pídelle ao rexedor que aclare se está de acordo coa "presunta" recollida de sinaturas en contra da moción do PP, coa que "semella estar tan entusiasmado, segundo as declaracións que fixo nas redes sociais e despois retirou”. Ante o descoñecemento dos verdadeiros promotores da "suposta" recollida de sinaturas, Eva Montoto pídelle maior claridade ao alcalde: “como lle pasa á gran maioría dos meus veciños de Losón, gustaríanos coñecer aos responsables desa recollida de sinaturas para que nos explicaran cales son as súas motivacións e para facerlles chegar unha copia da moción, da que só coñecen o contido polo recollido en prensa, pero que recolle máis aspectos”. Con todo, e ao fío dos "maquiavélicos comentarios" do rexedor sobre este tema nas redes sociais e utilizando a careta de CXL, a concelleira pregúntalle ao alcalde “se non lle parece curioso que alguén recolla sinaturas contra a moción do PP, que ao fin aprobarase ou non dependendo do goberno, e non a fagan contra a presunta iniciativa que o goberno afirma que anunciara nos medios e que, segundo apuntaron, ía no mesmo sentido”. A edil entende que Cuiña “pensa que é o máis listo da clase, pero a estas alturas xa ninguén traga as aventuras de Barrio Sésamo que pretende colarlle aos lalinenses e que xa moitos dos veciños lle están a criticar”.
Novamente o señor Cuiña tenta enganar a todos os vecinos afirmando que un video de campaña recuperado nun ordenador do concello esta pagado cos cartos de todos, cando iso é mentira, o señor Cuiña minte de novo, e minte a sabendas de que ese video, o igual co resto da campaña, o partido popular de Lalin encargoullo a unha empresa. Pouco ganamos coa rotura de relaciones se continua a estar obsesionado co Partido Popular e co noso voceiro, pedimoslle que empece a traballar polos vecinos e que tanto el como o seu cuñado e os seis alter egos deixen de mentir, difamar e denostar a labor realizada no pasado e tente mirar cara o futuro e abandonar os esperpentos do presente.