O Ghato de Mar
Description
El pub con más encanto de Cangas donde podrás disfrutar de la mejor música en directo. Desayunos, cócteles variados, vinos, cervezas de importación … ¡Tú eliges! 👌
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comO gato de mar na mitoloxía celta Cath Palug, tamén coñecido como Cath Paluc, Cath Balug, Cath Balwg, Chapalu, Capalu, o Capalus, literalmente «o gato de Palug», ou quizais do galés «palug», que significa 'rabuñar', era un gato monstruoso da mitoloxía de Gales. Dise que habitaba na illa de Anglesey e que matara e devorara nove valorosos guerreiros. Na Tríade de Gales dise que era fillo dunha enorme porca, Henwen, e que tras o seu nacemento foi lanzado ao mar para que afogase. Non obstante, conseguiu sobrevivir e foi arrastrado ata Anglesey, onde foi criado polos fillos de Palug, que ignoraban o seu perigo. Cando creceu, escapou e sementou a morte por onde pasaba ata que foi morto por Sir Kay. Noutras versións o propio rei Arturo é quen lle dá morte. En Irlanda, o «gato de mar» é un felino quimérico monstruoso. O autor irlandés Flann O'Brien cita o gato mitolóxico que sae do mar cando hai tormentas e causa estragos en terra, e tamén chama a atención sobre o feito de que a propia illa de Irlanda ten forma de gato, rodeado de mar. As Illas Shetland antigamente denominábanse Cat Inis, é dicir «illa do Gato». En Galicia, «gato de mar» é un termo usado tradicionalmente para referirse ás lontras. En Cangas era moi frecuente velas na zona de Lontreiras. A imaxe do noso «ghato de mar» foi realizada polo famoso ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Amigos: lembrade que hoxe pechamos para achegarnos á festa de Darbo. Vémonos alí!
Ven probar como se transforma o teu whisky preferido coa luz, a cor e o sabor do Ginger Ale Schweppes.
Clientes artistas que nos deixan agasallos. 😻
Este combinado só o atoparedes no Ghato: Larios 12, tónica Schweppes premium, framboesas frescas e infusión Soños Tropicais. Prezo: 5€.
Ven celebrar o 17 de maio ó Ghato de Mar, e por cada 6€ de consumición regalarémosche un libro en galego.
Mañá é o Día das Letras Galegas, e no Ghato aproveitamos para dedicarlle o noso mural ó entrañable poeta cangués Bernardino Graña e o seu poema "O gato da tasca mariñeira".
Hoxe, de pincho, unhas lentellas vexetais quentiñas e substanciosas.
Hoxe, para acompañar o viño ou o vermú, uns calliños acabados de facer.
Apetécevos un guiso de polo con cervexa?
Ven coñecer a Carmela, unha xenebra afroitada, elaborada a partir de mango e guaiaba. Das 23:30 en diante, unha azafata de Carmela explicaravos todo o que desexedes saber sobre este peculiar produto.
Por demanda popular incluímos o corto de cervexa, medida da que non dispoñiamos ata agora no Ghato.