Concello de Cangas do Morrazo
Description
Facebook oficial do Concello de Cangas do Morrazo. Nesta páxina poderás estar ó día da axenda institucional e de moitas das novidades que suceden na vila.
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.com⚽ 5º Triangular de Fútbol da Mancomunidade do #Morrazo o sábado 12 e o domingo 13 de agosto.
Mañá remata unha das feiras máis importantes de #artesanía: Feria de Artesanía Argalica - Cangas do Morrazo: 🤔 A que esperades para asistir?
🎶 Dentro dunha semana celebrarase o #XXFestivalFolclóricoDeAmizade. O certame terá lugar o 12 de agosto no Cruceiro do Hío a partir das 21:30 horas. ➡️ Organiza Grupo de Danza Ximalveira
🔸 A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas trouxo a Cangas #espectáculos abraiantes e moi divertidos. Un exemplo deles foi o 'Pequeno cabaret infantil' de Nelson Quinteiro. #AsíFoi #Mostra34 #Cultura #Arte #Teatro
A #inauguración da #exposición de moble de deseño de Filiberto Parcero realizarase hoxe❗ 🕗 Ás 20:00 horas na Capela do Hospital.
🎁 Hoxe entregáronselle os #premios ao público participante da #FeiraDaTapa2017. Aquí vos deixamos algunhas fotos do acto! Nel estivo presente a concelleira Ánxela Vizoso. Lista de galardoados: 1. Tere Riobó. Robot de cociña. 2. Alberto Pérez. Lote Cervexa. 3. Belén Calo. Lote Cervexa. 4. Diego Dopico. Lote Gastronómico. 5. José M. Graña. Lote Gastronómico.
🔊 O PROXECTO ARTÍSTICO “MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO” CHEGA A CANGAS O vindeiro xoves, día 10 agosto, levarase a cabo ás 21:00 horas na Praza das Pontes o acto denominado “Mulleres en Acción: violencia zero”, ao que asistirán a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, e o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela. A artista e bailarina Paula Quintas tamén estará presente, posto que presentará a peza ‘Plastic’. A reivindicación da #IgualdadeDeXénero, a concienciación da poboación do problema que supón a violencia machista son un dos principais obxectivos que se marca o proxecto artístico “#MulleresEnAcción: violencia zero 2016-2017”. Aínda así, o fin principal xira en torno á unión: lograr reunir todas as forzas posibles para loitar e plantarlle cara a un dos problemas máis importantes que asolaga a sociedade de hoxe en día. Desde o Concello reitérase o compromiso contra a violencia de xénero, defendendo en todo momento a idea dunha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, na que non exista maltrato nin discriminación.
🏆 Onte tivo lugar a recepción de dous deportistas cangueses que destacaron especialmente no Campionato do Mundo Júnior celebrado na derradeira fin de semana en Romanía. Pablo Graña logrou a medalla de ouro na final C1-200 metros e o 4º posto na final C2-1000 metros, mentres que David Barreiro conseguiu o 5º posto na final C1-1000 metros. O concelleiro de deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, encargouse de trasladar os parabéns de parte de toda a corporación municipal. “Xa acadastes ese nivel mundialista o ano pasado, pero este renovástelo incluso con mellores resultados. Un plus foi a medalla de ouro”. A experiencia vivida para Pablo Graña e David Barreiro foi espectacular, ámbolos dous pechan agora a etapa júnior. “Non sabemos o que pasará, pero seguiremos intentando saír a regatas internacionais e dar o mellor de nós. Vámolo intentar”. Ao alcalde Xosé Manuel Pazos Varela tocoulle recibir a moitos deportistas de gran categoría durante o seu mandato, algo que o enche de orgullo. “Hai bos adestradores, hai bos clubs, e logo hai boa materia prima. A satisfacción é dobre porque o futuro está asegurado. Parabéns para toda a xente que estades traballando neste eido".
Proxecto artístico "Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017" no que se reinvindicará a igualdade de xénero. A artista Paula Quintas presentará a súa peza 'Plastic'.
🚶♀️🚶♂️ O próximo domingo A Illa dos Ratos levaranos ata #CaboHome cunha das súas rutas guiadas. A ruta do sábado centrarase na Cangas do ano 1617, pero para esta xa están as prazas esgotadas. Como sempre, a inscrición realízase contactando coas oficinas de Turismo Cangas ou coa Illa dos Ratos.
🔊 CONVOCATORIA CONSELLO SECTORIAL DE URBANISMO‼️ A Concellaría de Urbanismo do Concello de Cangas convoca o vindeiro martes, día 8 de agosto, ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello unha reunión para poñer en coñecemento do contido das normas reguladoras do Consello Sectorial de Urbanismo (CSU), xa que, de forma inmediata serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), tendo un prazo de 30 días para poder presentar as reclamacións ou suxestións pertinentes. Desde o Concello invítase a todas as Asociacións Veciñais, Xuntas de Montes en Man Común, Asociacións Medioambientais, Confrarías, Técnicos, Entidades Deportivas e Locais, ou demais colectivos interesados, a asistir a esta xuntanza. A importancia desta asemblea radica en que se avanzará na constitución definitiva do CSU, porase en coñecemento o regulamento do mesmo e marcaranse os criterios de traballo do propio Plan Xeral.
📚 Lembrade que está en marcha o #concurso de #Fotolectura das Bibliotecas Municipais de Cangas +Info: http://cangas.gal/