Top Local Places

TRC Danza

Teatro Rosalía de Castro (C/Riego de Agua, 37), A Coruña, Spain
Arts/entertainment/nightlife

Description

ad

TRCDanza, é o programa anual de danza e artes do movemento do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña TRC Danza nace en 2011 como á programación estable de danza e artes do movemento do Teatro Rosalía de A Coruña. Dende 2012 o Teatro Rosalía está seleccionado dentro do Circuito "Danza a Escena", un programa que permite contar con compañías  de todo o estado dentro do panorama actual da danza e das artes do movemento. "Danza a Escena" é un circuito organizado pola Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública, impulsado por el INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música) e ao que en 2014 únese a colaboración da Agadic a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

TRC Danza 2015 levará a cabo (de marzo a decembro), un total de dez espectáculos de danza e artes do movemento. Propostas de artistas como Roser López, Proxecto Titoyaya, HURyCAN, Javier Martín, Mónica Runde, Danza Mobile, Spin off danza, Dantzaz, Sólodos e Entremáns, que se enmarcará dentro da programación especial polo Día Internacional da Danza.

INFORMACIÓN ENTRADAS:

HORARIO: Todos os espectáculos comenzarán as 20'30h.

PREZOS: Os billetes pódense comprar a un prezo de entre 5 e 13 euros, Para as funcións do ciclo se ofrecen descontos do 20% para maiores de 65 años, desempregados e poseedores do carné xove. ABONO: Pola compra conxunta de 6 espectáculos farase un desconto do 25%


As entradas están á venda a través dos canais habituais: taquilla da praza de Ourense, en horario de luns a venres, excepto festivos, de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas; televenta no teléfono 902 504 500, de luns a sábado de 08.00 a 22.00 horas; a través da web taquilla.servinova.com durante as 24 horas do día; ou, o mesmo día da función, na taquilla do Teatro Rosalía Castro, de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

RECENT FACEBOOK POSTS

facebook.com

Janet Novás o venres 16 de xuño no TRCDanza

Janet Novás o venres 16 de xuño no TRCDanza
facebook.com

proyectopetrcdanza | pre-textos_gal

A nosa nova entrega de pre-textos ven da man de Antia Diaz. Gracias Antia por poñerlle verbas ao corpo de Janet Novás :-) https://www.pe-trcdanza.gal/pre-textos-gal

facebook.com

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post

O xoves ás 19.30 horas temos unha cita na librería Berbiriana con Janet Novás e Pablo Esbert Lilienfeld :-) ABRIR UNHA PEZA DOCUMENTAL DE VIRGINIA ROTA CON JANET NOVÁS é unha magnífica oportunidade de disfrutar do traballo documental creado pola artista Virginia Rota arredor do traballo da bailarina e creadora Janet Novás. "Cadencia" -así se chama a peza- achégase dun xeito amable, depurado e en total sintonía co traballo de Janet que case semella que Virginia puidese mirar cos mesmos ollos da primeira. Unha oportunidade de ouro para coñecer o universo de ámbalas dúas creadoras. ABRIR UNHA CONVERSA CON JANET NOVÁS E PABLO ESBERT é un encontro aberto entre o coreógrafo e músico madrileño Pablo Esbert e a galega Janet Novás no que falar das claves de atravesan as súas miradas como artistas. Unha pseudo-entrevista en directo, que alimentada por tódolos participantes fará que coñezamos ben de cerca o que hai detrás de todo o que vemos nas súas propostas escénicas. Vémonos alí verdade?

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post
facebook.com

Programación Expandida TRC Danza's cover photo

Programación Expandida TRC Danza's cover photo
facebook.com

Timeline Photos

Pechamos a tempada de primavera no TRC Danza da man da creadora e bailarina galega Janet Novás, quen nos achega o seu último traballo ¨Si pudiera hablar de esto no haría esto¨ o venres 16 de xuño ás 20.30h Sen dúbida o seu último traballo é unha gran oportunidade para viaxar con Janet e a súa linguaxe transparente, máxica, brillante e poderosa. Non vola perdades.

Timeline Photos
facebook.com

descubre a gabriela martín león e a compañía fritsch company

Deixámosvos un vídeo onde coñecer o traballo de Gabriela Martin e algo máis sobre Fritsch Company, compañía da que poderemos disfrutar mañá sábado 10 de xuño ás 20.30h no TRCDanza 2017!!

facebook.com

PROMO"MESA PARA TR3S". FRITSCH COMPANY_FPBML

Lembrade que este sábado10 de xuño ás 20.30h teremos a oportunidade de ver no TRCDanza a compañía Fritsch Company co seu traballo ¨Mesa para tr3s¨ dentro do marco de VI Encontro Artes pola Integración. Aqui vos deixamos un fermoso vídeo onde escoitar os universos creativos e o proceso que viviron Amaya Galeote, Antonio Ruz e Patricia Ruz, coreógrafos do programa que presenta a compañía da FUNDACIÓN PSICO BALLET MAITE LEÓN

facebook.com

Timeline Photos

Este domingo propoñemos un achegamento á danza e a creación escénica aberta a todas as persoas interesadas sen necesidade de experiencia previa, o vindeiro domingo 11 de xuño de 11 a 13 horas na Fundación Luis Seoane da man de Esther Gómez, Ramón Marcos e Pilar Muñoz, da compañía de danza inclusiva Fritsch Company. Esta compañía forma parte da FUNDACIÓN PSICO BALLET MAITE LEÓN, entidade sen ánimo de lucro que dende o 1980 está dedicada á integración social e laboral de persoas con discapacidade e outros colectivos en risco de exclusión social no ámbito escénico. Unha práctica dirixida a todas as persoas interesadas. A diversidade de corpos, mentes, idades, e culturas son benvidas. Para participar só tes que inscribirte no email trcdanza@gmail.com Agardámosvos!!

Timeline Photos
facebook.com

proyectopetrcdanza | pre-textos_Blanca Blanco

Comezamos o día cun fermoso pre-texto, esta vez da man de Blanca Blanco (Blanqui Sima) a quen convidamos a falar de diversidade, transversalidade e danza. Blanca, asistente persoal ca mirada posta no traballo corporal, emocional e creativo e cunha traxectoria de estudo do corpo dende o escénico ao terapéutico, debuxa neste pretexto liñas libres que suliñan ou difuminan conceptos relacionados ca inclusión/integración na súa mirada ao mundo. Esperamos que vos deixedes levar a través da viaxe que nos propón Blanca neste pre-texto número 25.

facebook.com

Fritsch Company estará o 10 de xuño no TRCDanza

O sábado 10 de xuño ás 20.30 h temos danza no Teatro Rosalía da man da compañía Fristch Company e o seu programa Mesa para Tr3s no que se reúnen tres propostas escénicas independentes dentro do marco artístico da compañía inclusiva da FUNDACIÓN PSICO BALLET MAITE LEÓN. Tres propostas distintas, “Ballhaus”, “Café” e “Des/envolturas” dirixidas polos creadores Antonio Ruz, Patricia Ruz e Amaya Galeote. Unha cita de carácter múltiple para coñecer ben de cerca o marabilloso traballo desta compañía madrileña. Mesa para Tr3s, forma parte do VI Encontro Artes pola Integración que durante todo o fin de semana levará distintas actividades a outros espazos da cidade como a Fundación Luis Seoane, o Centro Ágora ou o Castelo de San Antón

Fritsch Company estará o 10 de xuño no TRCDanza
facebook.com

Timeline Photos

O sábado 10 de xuño ás 20.30 h temos danza no Teatro Rosalía da man da compañía Fristch Company e o seu programa Mesa para Tr3s no que se reúnen tres propostas escénicas independentes dentro do marco artístico da compañía inclusiva da FUNDACIÓN PSICO BALLET MAITE LEÓN. Tres propostas distintas, “Ballhaus”, “Café” e “Des/envolturas” dirixidas polos creadores Antonio Ruz, Patricia Ruz e Amaya Galeote. Unha cita de carácter múltiple para coñecer ben de cerca o marabilloso traballo desta compañía madrileña. Mesa para Tr3s, forma parte do VI Encontro Artes pola Integración que durante todo o fin de semana levará distintas actividades a outros espazos da cidade como a Fundación Luis Seoane, o Centro Cultural Ágora ou o Castelo de San Antón

Timeline Photos
facebook.com

Ulises e a nena durmida - Anxela Blanco (Teatro Rosalía Cast - en Ticketea

Non vos quededes sen a vosa entrada para esta noite! Esta noite mirámonos no teatro con Anxela Blanco :-) https://www.ticketea.com/entradas-danza-ulises-nena-durmida-anxela-blanco-teatro-rosalia-cast/

facebook.com

Quiz

NEAR TRC Danza