Club Olímpico de Vedra
Description
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comO Olímpico de Vedra loitará esta fin de semana en Valencia por asentarse no top 15 do triatlón estatal. Con Uxío Abuín a cabeza, que loitará polo título de campión de España o domingo, escoltado na mesma proba elite por Jacobo Crego e Anxo Lema e con Pablo Cabanelas e Adrián Picallo nos grupos de idade, o equipo masculino leva moi boas maneiras para acadar un gran resultado. Na proba feminina Silvia Deira tratará de dar o salto de calidade o domingo, mentres que o sábado Aída García, Katia Senín e Arantxa Tomé tentarán de asegurar os puntos para o equipo e loitar polo podio nos grupos de idade. Tamén esta fin de semana un nutrido grupo de deportistas do club participará no Ocean Lava Galicia. Na proba de medio ironman: Miguel Daporta, Fernando Fernández, Antón Barreiro, Julio Mallo, Alfonso López, Antonio Matalobos e Jorge Ferradáns, mentres que na distancia olimpica sen drafting os representantes do Olímpico serán Adrián Campaña e Alex Parga Moita sorte!!!!!!
Uxio Abuin convocado pola selección española para correr a Gran Final das Series Mundiais de triatlón en Rotterdam. Parabéns!!!!
6 PODIOS NO GALEGO DE TRIATLÓN: ✔️O EQUIPO MASCULINO BRONCE ABSOLUTO ✔️UXÍO ABUÍN SUBCAMPIÓN ABSOLUTO ✔️CESAR OTERO SUBCAMPIÓN JUNIOR ✔️AÍDA GARCÍA E SILVIA DEIRA CAMPIOA E SUBCAMPIOA VETERAN FEMININA ✔️MIGUEL DAPORTA SUBCAMPIÓN VETERÁN ✔️NA CATEGORÍA CADETE VÍCTOR BOUZÓN CAMPIÓN (Non era campionato galego)
O OLÍMPICO DE VEDRA,CON UXÍO ABUÍN A CABEZA, CLUB MÁIS NUMEROSO NO GALEGO DE TRIATLÓN DE MAÑÁ EN PONTEVEDRA Despois de ser tamén a escadra con maior número de efectivos no galego de duatlón deste ano e no galego de triatlón 2016 volta a ser o club máis numeroso e esta vez ademais capitaneado polo actual campión de España, Uxío Abuín. Por terceira vez consecutiva o noso club é o de maior representacion nos campionatos autonómicos aos que se accede por clasificación (triatlón 2016, duatlón 2017 e triatlón 2017). Un feito extraordinario para un club coma o noso, sobre todo despois de 4 podios autonómicos de 4 posibles por equipos e pelexar por estar entre os 10 mellores equipos de España tanto en homes coma en mulleres, na tempada de duatlón e lograr o ascenso a segunda división na liga nacional de triatlón masculina gañando na categoría de promoción. Ao campionato galego que se celebra en Pontevedra mañá sábado pola tarde acudiran un total de 19 deportistas do club. Entre os integrantes do mesmo destacar a presenza de Uxío Abuín, fichaxe estrela desta tempada e que ven de proclamarse no pasado mes campión de España en Banyoles, logo de estar tamén moi preto do podio no campionato de Europa de Kitzbuhel onde rematou quinto. Non obstante, a proba vai contar cun gran nivel e non o terá fácil coa presenza por exemplo de Antonio Serrat. Pero o resto do equipo non se quedará atras e individualmente buscarán mellorar os postos do ano pasado e tentar pelexar polo podio por equipos. Os canteiráns Anxo Lema (sub 23), César Otero (junior) e Víctor Bouzón, os experimentados Jacobo Crego, Miguel Daporta e Manuel Dosil, Ismael García, Jorge Ferradáns, Pablo Cabanelas e Francisco Fernández e a xuventude do tamén sub 23 Adrián Picallo parecen argumentos suficientes para plantear pelexa na loita polo podio da proba masculina. A proba masculina dará comezo as 19:15. Unha hora antes, as 18:15 será o turno para as triatletas que disputen o campionato galego en categoría feminina. En féminas vai ser máis difícil que as nosas deportistas reediten o dobre podio da tempada de duatlón pero aínda así estarán na pelexa. Despois dunha accidentada tempada con bastantes lesións e algún que outro infortunio que deixaron ao equipo feminino sen opcións na loita polo ascenso a división de prata do triatlón estatal. Aínda así o equipo loitará por facer un papel digno con duas firmes candidatas ao podio na categoría veterana: Silvia Deira e Aída García as que acompañarán Tania Garabatos, Rita Cabanelas, Susana Nieto, Alba Caamaño e Arantxa Tomé. De seguro que tod@s, homes e mulleres, dan o mellor de si e deixan o pavillón ben alto. Moita forza equipo!!!💪💪💪💪 Concello de Vedra Amura Sport Grupo Ulla Aguakmcero ABANCA Galicia Saudable Xunta de Galicia
Segue a boa xeira de resultados!!! ✔️O OLIMPICO 2º EQUIPO ABSOLUTO MASCULINO NO TRIATLON DE ARTEIXO ✔️JACOBO CREGO 3º CLASIFICADO ✔️MANU DOSIL, JORGE FERRADÁNS, SUSANA NIETO E PREVISIBLEMENTE FERNANDO FERNÁNDEZ, CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO
VÍCTOR BOUZÓN SUBCAMPIÓN GALEGO CADETE O EQUIPO INFANTIL BRONCE AUTONÓMICO DE TRIATLÓN Destacada actuación tamén do equipo benxamín masculino e dos infantiles masculinos Na foto falta Carlos Sendiña que sufríu unha caída baixando da bici que esperamos quede só nun susto. Parabéns a tod@s e a disfrutar dunhas máis que merecidas vacacións. Ampliaremos info!
MISIÓN CUMPLIDA EN BANYOLES Hoxe na disputa do campionato de España de Acuatlón os nosos equipos absolutos conseguiron asegurar os puntos para o ranking nacional. Mención especial para o equipo masculino con un sub 23 (Anxo Lema) un junior (César Otero) e un cadete (Víctor Bouzón) cruzando a liña de meta dun campionato de España elite, como tamén o fixo o sábado en triatlón Jacobo Crego, na proba na que Uxío Abuín se proclamaba campión de España. Parabéns a todos: elite, grupos de idade, juniors e cadetes, por aportar o seu gran de area, tanto nestas como noutras competicións, para que este humilde club siga a verse presente en probas desta envergadura. Ampliaremos info!
UXÍO ABUIN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLON SPRINT!!! Boas actuacións en conxunto dos nosos equipos co 8º posto do equipo junior, a espera de coñecer o resultado dos equipos absolutos e dos cadetes. Ampliaremos información!!
A EXPEDICIÓN DO OLIMPICO LISTA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TRIATLÓN EN ACUATLÓN E BANYOLES Mañà sera o turno do triatlón con 14 deportistas e 4 equipos en competición. Os mais madrugadores serán os cadetes. As 9:00 saltarán a auga Víctor Bouzón, Carlos Sendiña e Xian Castro. As 14:00 será o turno para os junior Cesar Otero, Marcos Dobalo e Joaquim Morgado. Xa a partir das 15:30 entrará en liza o equipo feminino con Katia Senín, Bea Lago, Tania Garabatos e Susana Nieto que competirán en grupos de idade. Tamen a esa hora competiran Anxo Lema e Pablo Cabanelas para asegurar a clasificación do equipo masculino. As 20:00 será o turno dos nosos 2 elite masculino. Uxío Abuín que loitará polos postos de privilexio e Jacobo Crego, que debutará na categoría elite de triatlón. Moita sorte!!!💪🏻💪🏻💪🏻💪🏻
GRANDES RESULTADOS HOXE NO TRIATLÓN DE POIO!!! ✔️2º equipo absoluto masculino ✔️Miguel Daporta 1º veterán e 5º absoluto ✔️César Otero 1º junior e 7º absoluto ✔️Víctor Bouzón 3º cadete e 9º absoluto ✔️Adrián Picallo 3º sub23 e 20º absoluto ✔️Os 4 xunto a Tania Garabatos, 15ª na proba feminina, clasificados para o campionato galego. Na proba popular ✔️Xián Castro 3º cadete ✔️Andrea Iglesias 3ª infantil parabéns a tod@s @s representantes do club na proba. Ampliaremos información!!
CESAR OTERO BRONCE JUNIOR E MIGUEL DAPORTA BRONCE VETERÁN NO CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLÓN!!!👏👏👏
UXÍO ABUÍN GAÑA A COPA DE EUROPA DE ALTAFULLA!!!👏👏👏