Concello de Vedra
Description
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comXa podes descargar o formulario autocompletable para anotarte nas actividades culturais. O prazo de inscrición comeza o venres día 15 de setembro e podes facelo presencialmente no departamento de Cultura do concello ou a través do correo electrónico cultura@concellodevedra.com http://concellodevedra.com/gl/node/938
Mañá non te podes perder esta fermosisíma proba!!!!!!! No campo da festa haberá xogos populares e actividades para todas as idades.
REPRESENTACIÓN DA COMPAÑIA ANDARAVÍA TEATRO "República de Gundián" DATA: Mañá sábado 9 de setembro ás 21.30 h LUGAR: O Adro da Ermida da Nosa Señora de Gundián, INFORMACIÓN DA OBRA: TÍTULO: “República de Gundián” COMPAÑÍA: Andaravía Teatro DIRECCIÓN E GUIÓN: Carlos Santiago AXUDANTE DE DIRECCIÓN E ESCENOGRAFÍA: Pepe Penabade DESEÑO DE CARTAZ E ESCENOGRAFÍA: Pancho Lapeña DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Xacobo Castro DURACIÓN: 105 min. PÚBLICO: Todos os públicos SINOPSE: No ano 2031, unha aldea situada nun recuncho do río Ulla desafía ao estado español cun ultimato radical: ou soberanía fiscal ou independencia.
FESTA FIN DE VERÁN NO CONCELLO DE VEDRA Onte o Concello de Vedra despideu un verán cheo de actividades (campamentos de verán, piscina, actividades deportivas, ludo de verán …) e fixoo cunha festa infantil que contou cun centenar e medio de cativos e cativas que gozaron de xogos, inchables, toro mecánico, música e moita animación!! E para rematar o campo da festa de Vedra converteuse nun gran cine ao aire libre grazas á campaña “Redecinema” posto en marcha dende a Secretaría Xeral de Política Lingüítica, coa que se proxectou a película “Maimiño” que gustou a pequenos e mayores.
A solicitude da Escola de Música Santa Cruz de Rivadulla facemos difusión desta información:
O programa de Información e Dinamización Xuvenil Emprendedora "Val do Ulla" busca promover entre a xuventude a adquisición das competencias necesarias para acadar un desenvolvemento persoal, social e profesional adaptado á súa contorna, ás súas necesidades e intereses e ás demandas do mercado laboral actual, co fin último de acadar o éxito na consecución dun posto de traballo.
Hoxe a partires das 19:00 h no campo da festa de Vedra, FESTA FIN DO VERÁN, onde haberá xogos, música e merenda. As 21:00 h. proxección da película MAIMIÑO, patrocinada polo programa de cine de verán “Redecinema” posto en marcha dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Hoxe é o ultimo día para anotarse na carreira popular do Gundián. Non a podes perder!!!!!!!!!!
Aplicación do uso de dron no cultivo de grelo de Galicia Os obxectivos que se pretenden acadar co desenrolo desta acción, é facilitar información vinculada á incorporación de novas tecnoloxías no sector agrario, gandeiro, forestal e agro-alimentario; coa finalidade de aumentar a produtividade e eficiencia das explotacións. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son un referente forte no sector agro-alimentario pola súa capacidade de optimizar o uso e xestión de recursos naturais. Así esas tecnoloxías axudarán a lograr alimentos máis seguros a través de procesos de produción máis sostibles e respectuosos co medio ambiente á vez que permite unha redución de costes que repercutirá sobre a viabilidade económica das explotacións. O uso de drons para a incorporación das TIC é unha ferramenta para control eficiente e posteriormente unha toma de decisión e asesoramento correcto por parte de técnicos. http://concellodevedra.com/gl/node/942
Dende o Concello facemos difusión de se perdeu un iphone 6 de cor negra onte no campo da festa de Vedra, se alguén o atopou que se poña en contacto co concello.