Top Local Places

Concello de Tomiño

Praza do Seixo,1, Tomiño, Spain
Government Organization

Description

ad

Tomiño é un concello da Comarca do Baixo Miño (Pontevedra), situado á beira do río Miño, que o separa e ao mesmo tempo o une, a Portugal. Tomiño é un municipio en pleno crecemento poboacional e desenvolvemento socio económico. Con 106 km.2 e case 14.000 habitantes, este concello basea a súa economía nos sectores da agricultura, fruticultura, viveirismo, empresas de produtos do campo e de servizos. Tomiño ademais goza dunha situación xeográfica privilexiada, próximo tanto a Portugal coma ao Sur de Pontevedra, ben comunicado e cun clima ideal. O concello ten unha serie de servizos municipais que o fan un lugar ideal para vivir, tales coma escola infantil, centro de día para maiores, centro para persoas con discapacidade, etc. Complementan a oferta do municipio una ampla axenda deportiva e de ocio, con rutas en canoa, bici ou a pé, e un importante patrimonio etnográfico e monumental, con impresionantes xacementos prehistóricos e edificacións románicas e de arquitectura militar (fortalezas) dignas de coñecer e disfrutar.

RECENT FACEBOOK POSTS

facebook.com

Non te esquezas! Esta tarde, ás 18.00 horas no Mercado de Tomiño 'Matrioskas' con Charlatana Coop. Galega de Artistas! Entrada de balde. Esperámoste!

facebook.com

Noraboa ao goianés Charly "The Spartan" Lopez por ese subcampionato galego de Full Contact e a todos os deportistas do Spartan Team Tomiño polo seu traballo!

facebook.com

Dous días aprendendo para darlle aos rapaces e rapazas de Tomiño espazos de participación!

facebook.com

Teatro para adultos o sábado 24 con 'Matrioskas', de Charlatana Coop. Galega de Artistas, e para público familiar o domingo 25 con Raquel Queizás e 'A maleta da avoa'. No Mercado de Tomiño ás 18.00 horas! Entrada de balde!

facebook.com

Este venres os e as 10 integrantes do Consello da Infancia e da Adolescencia celebrarán unha nova reunión. Aínda estás a tempo de inscribirte e formar parte activa!

facebook.com

Raquel Queizás chega cos seus contos este domingo 25 (18.00h) ao Mercado de Tomiño! Será cun divertido espectáculo para nenos e nenas a partir de 3 anos e cos entrada de balde! Que sorpresas agochará 'A maleta da avoa'?

facebook.com

Podes enviar o teu deseño ata o 7 de maio á Omix Tomiño! Anímate a participar!

facebook.com

Os e as deportistas do Club Deportivo Miño ''Teixugos'' suman e siguen! Noraboa!

facebook.com

Sen plans para este sábado? Vén a desfrutar de 'Matrioskas', de Charlatana Coop. Galega de Artistas, no Mercado de Tomiño! Esperámoste ás 18.00 h! Entrada de balde!

facebook.com

Apúntate á compostaxe doméstica! Fai algo bo polo medio ambiente. Fai click e enche o formulario de inscrición! Levará menos de 1 minuto. 🤓

facebook.com

O OPT Cerveira-Tomiño candidato ao Premio de Boas Prácticas de Participación 2017! Polo de agora levamos a segunda mellor puntuación! Amizade Cerveira-Tomiño

facebook.com

Inauguración coa visita guiada da comisaria, Natalia Jorge, e coa conferencia de Carlos Méixome, profesor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos. No auditorio Lois Tobío ata o 31 de marzo!

facebook.com

Quiz

NEAR Concello de Tomiño