Eurofrut Chantada
Description
Cada día poñemos a disposición dos nosos clientes as mellores froitas de tempada, así como as legumes máis frescas. Ademais, contamos cunha amplia selección de productos da zona (queixos, mel, viños, pan...etc).
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comMazá país 0,59€/kg Mandarina nacional 0,99€/kg
Bo día!☀️ Hoxe imos falar dun cítrico de tempada: O limón!! 🍋 O limón ten moi baixo contido calórico, o que o converte nun aliado perfecto nas nosas dietas: moitos nutrientes a un prezo moi baixo, imaxina, un zume de limón rolda só as 40 calorías. 🍋 Axuda a mellorar as defensas naturais do noso corpo porque ten moita vitamina C, un poderoso antioxidante, de feito as nosas avoas que son moi sabias sempre nolo aconsellan durante os procesos gripais. 🍋Contén unha cantidade considerable de potasio, achega moi pouco sodio (perfecto para evitar a retención de líquidos). 🍋En alimentación, é un produto moi versátil, xa que se utiliza de varia formas. A súa pel, raiada ou en anacos, utilízase para aromatizar. O seu zume utilízase para preparar bebidas, para dar sabor a preparacións, para tratar carnes, etc. Con todos estes beneficios que aporta este cítrico agora si que debemos incluílo no noso día a día!! 😉🍋🍋 #eurofrutchantada #felizmércores
Asociación 5 al día España ten a receita para facer o luns máis levadeiro!!😉 🍇🍉🍊🍍🍒🍓🥝 #bodía e feliz semana!! #eurofrutchantada
Bos días!!😊 Hoxe traémosvos unha receita ideal para introducir de forma diferente e atractiva a verdura na nosa alimentación! 🥒🌶️🥒 É un prato recomendado para todos polo seu alto valor nutricional, xa que nos achega hidratos de carbono, proteínas, graxas, vitaminas, minerais e fibra. Ademais, é un prato cociñado dunha maneira saudable con ingredientes sans, podendo formar parte de calquera dieta! Fai click no video e toma nota da receita!! 😉📝 Na nosa froiteira tedes as verduras necesarias para facela!! Agardámosvos!! #eurofrutchantada #felizvenres
Bo día!! A volta ao cole supón o inicio dun novo ciclo para os nenos, sendo bo momento para empezar con hábitos saudables como o consumo de froitas e verduras. A continuación ensinámosvos unha selección de froitas moi saborosas e cheas de vitaminas e nutrientes ideais para afrontar con moita enerxía xornada escolar!! 😉 🍌Plátano🍌. Achega gran cantidade de potasio, o que axuda ó desenvolvemento muscular e achega gran cantidade de enerxía. 🍇Uvas🍇. Axudan a superar a fatiga. O cal é moi útil para os primeiros días da volta ao cole. Ademais de achegar gran cantidade de antioxidantes e vitaminas. 🍎Mazá🍎. Elimina toxinas do corpo e axuda á saúde dos dentes. É o acompañante perfecto das merendas e do bocadillo no recreo, xa que é moi fácil de transportar. 🍐Pera🍐. Gran achega de vitaminas A e C, do mesmo xeito que de fibra. 🍊Laranxa🍊. Unha das froitas que non pode faltar na nosa casa, nin na dieta dos nosos fillos. Se a consomen enteira a achega de fibra é moito maior. A maior virtude é o seu alto contido en vitamina C, que axuda a previr os arrefriados da volta ao cole. Agardámoste!! :) #eurofrutchantada
Bo día!!😊 Setembro é o mes da Uva!! A uva é unha froita moi beneficiosa para a saúde. Ten moitas vitaminas, minerais, e cunha composición moi alta en agua é, por tanto, moi boa para hidratarse!! E esa pregunta que nos facemos.... As uvas engordan? As uvas son unha desas froitas, do mesmo xeito que o plátano, que as persegue a lenda urbana de que son moi calóricas. O seu valor calórico non é en absoluto esaxerado como para non comelas, achégannos unhas 70 calorías por cada 100 gramos!! 🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇🍇 A que esperas para mercar e comer esta froita tan rica?😋😋 #Felizvenres #eurofrutchantada
Boa Tarde!!😉 Como vimos facendo cada mes traémosvos o calendario de froitas e verduras de tempada para este mes de Setembro!! O consumo de froita e verdura de tempada ten moitas vantaxes: menor prezo, mellor calidade e o consumo faise cando están máis frescas e sácaselle o maior partido ás súas propiedades!! 🍉🍊🍌🍍🍅🍓🍒🌽🥕🥑🍆 Agardámoste!! 😊 #eurofrutchantada #felizluns
Bo día!! Que vos parece se lle damos un toque doce a este venres cunha torta fría de piña¿? 😋 Dalle click o vídeo de LARPEIROS !! e toma nota📝 da receita!! Na nosa froiteria tenemos a froita necesaria para facela!! 🍍🍍🍍🍍🍍🍍🍍🍍🍍🍍🍍 #felizvenres #eurofrutchantada
O plátano ten moitas vitaminas, minerais e só achega 95 Kcal por cada 100 gramos, algo moi inferior ao que posúen outros alimentos!! Ademáis, produce gran sensación de saciedade, ten case un 3% de fibra e é precursor de serotonina, sustancia que mellora o estado de ánimo!! 🍌🍌🍌🍌🍌 A que esperas para mercalo e comer esta froita tan rica? 😉 #Eurofrutchantada #felizmercores
Bo día!!☀️ Comezamos o venres con ofertas en Eurofrut Chantada!! Fai click na 📸! 😉 E tamén aproveitamos para recordarvos o horario para os días das Festas Patronais de Chantada: ➖Sábado: 9.30-14.30 ➖Luns: 9.30-14.30 e 16.30-20.30 ➖Martes: Pechado!! Desexámosvos unhas boas festas!! 😊🎉🎉🎉
Bos días!! Deixámosvos uns consellos para o correcto almacenamento das froitas e as verduras🍉🍌🍍🍅🥒🥕🥑!!Para que duren máis tempo frescas e en boas condicións! 😉 Fai click na imaxe para saber máis!! #eurofrutchantada
Agora que xa chegou a tempada do tomate🍅, propoñémosvos estas una selección de receitas para que elaboredes pratos con esta hortaliza tan saudable e apetecible nestes días de calor!! Aproveita esta época e prepara pratos variados con este ingrediente que nos achega tantos beneficios!!🍅🍅😊 #felizvenres #eurofrutchantada