Concello de Carballo
Description
Facebook oficial do Concello de Carballo (A Coruña) A través dos tempos, a través da historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar do noso concello. Un solar con lindeiro pero que non só se asenta no chan da nosa xeografía, senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, nos amigos que compartimos, nos que siguen a ter o seu corazón no noso pobo, no berro co que pedimos paz e traballo.
O que boga nos mares de Razo e Baldaio, o que laborea na cortiña, aquel que escribe, aquel que canta, quen pon o lombo na tarefa e quen pon o sentido no que pensa, un a un traballamos para que se consiga a mellora do noso solar, a mellora do que queremos.
Fornos de pan foron cocendo o molete que nos identifica, e foron os cesteiros de Entrecruces, os albardeiros, os canteiros, os ferreiros e os comerciantes pondo pedra a pedra, día a día, construíndo todo o que nos conmove e que chamamos Carballo.
Benvidos pois, visita que agradezo.
D. Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo
Variación dun texto de Avilés de Taramancos.
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comAínda no pasaches por Berocasion - Feria Vehiculos de Ocasion? Pois non tardes, porque hai tanta variedade de modelos, cores, prestacións e prezos que non saberás por cal decidirte. Podes aproveitar ao volver da praia, porque estará aberta ata as 21 horas como mínimo, e mañá durante todo o día. Mira, mira, vai botando unha ollada ;)
En Carballo é mar pode empezar o día chovendo e quedar unha tarde así de espectacular. O que te estás perdendo!
Xa están a punto de abrir, simbolicamente, as portas de Berocasión, a feira que nos sitúa como referencia no mercado galego do coche de ocasión. E dicimos que é unha apertura simbólica porque en Carballo non hai cancelas para a iniciativa empresarial. Aproveitade! Queda toda a fin de semana por diante!
Bo día desde Carballo! #carballomola
Temos 365 motivos para presumir de Carballo todos os días do ano, e a nosa empresa máis internacional, o Grupo Calvo, é un deles. A conserveira carballesa vén de facer público o informe correspondente ao ano 2016, que mellora todos os resultados anteriores. Neste documento podedes consultar todos os datos económicos, e moitos outros dunha empresa líder do sector que leva 75 anos axudando tamén a facer de Carballo un bo lugar para vivir. Boa noite. http://www.grupocalvo.com/wp-content/uploads/2017/08/PropCalvo_completo_2016_13.pdf
Así estaba Razo ás 10. Imaxina agora! #carballoémar #carballomola
AVISO! Aprazado para o luns o corte de tráfico no cruce da Vázquez de Parga coa rúa da Estrela debido a un problema da empresa construtora. Desculpade as molestias.
Bo día desde Carballo! #carballomola
AVISO Para mañá está programado un corte de tráfico no cruce das rúas Vázquez de Parga e Estrela por mor dunha obra no tellado dun edificio. O corte desenvolverase de 15.00 a 17.00 horas, e por parte da Policía Local procederase á sinalización das rutas alternativas para os/as condutores/as. Desculpade as molestias.
Esta fin de semana volve Berocasion - Feria Vehiculos de Ocasion a Carballo, con 300 vehículos en exposición, descontos de 500 a 1.500 euros e condicións especiais tanto de financiación como de seguros. Se buscas coche non terás mellor ocasión!
A brétema, protagonista da xornada en Carballo é mar. Mira como está a praia a esta hora.
Bo día desde Carballo! #Rus #carballomola