Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre
Description
Edificio relixioso de estilo barroco. A Igrexa de Santiago de Barallobre, de estilo barroco, foi levantada no século XVII e reformada nos séculos XIX y XX. A estructura arquitectónica dó edificio é de planta rectangular, con tres naves; nun principio era de cruz latina pero as diferentes ampliacións e reformas lle deron a configuración que ten hoxe en día. Os muros son de carga, e o tellado é de diferentes aguas, según os corpos, con cubrimiento de tella chan, excepto no cuerpo pertencente á sacristía que posee tella curva.
Exteriormente, o edificio posue unha rica volumetría, froito das diferentes reformas e alturas que presentan cada un dos corpos. Construído en pedra, os muros son de mampostería e enlucidos en branco, mentres que o corpo central da fachada e os disnteis de portas e fiestras son de sillería en pedra de granito.
Na fachada principal é onde se concentra a meirande decoración, de estilo barroco. Está formada por tres corpos, os dos extremos enlucidos e pintados de branco, mentres que o corpo central, composto por sillares de granito, enmarca a porta principal de acceso a igrexa, sobra a cal está unha pequena hornacina onde se garda a imaxen do Apóstolo Santiago, en granito, colocada no século XX e de estilo neorománico. Destaca a cornisa que rompe o seu centro para dar paso a espadaña e campanario.