Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Description
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dende o ano 2013. Territorio Declarado pola UNESCO A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de Maio de 2013. A candidatura promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, ten contado co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas entidades asociativas, universidades ou organizacións empresariais e de traballadores.
A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 113.970 ha, que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado.
Os obxectivos da Reserva de Biosfera son:
A conservación da biodiversidade e da diversidade cultural.
Un desenvolvemento social e económico, respectuoso co medio natural.
A consecución dun bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais.
O fomento da participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Incentivar e potenciar as iniciativas ligadas ó turismo sostible.
Situar ó territorio no mapa mundial e dar prestixio ós seus produtos e empresas.
As principais liñas estratéxicas do seu Plan de Xestión, son as seguintes:
- Posta en marcha, Comunicación e Cooperación.
- Entorno Socioeconómico, Emprendemento e Cambio Climático.
- Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.
- Ciencia e desenvolvemento de capacidades.
- Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.
Tell your friends
RECENT FACEBOOK POSTS
facebook.comHoxe no Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo celebran o #DíaDaFamilia nos arredores do encoro de #Beche, unha zona fermosa. Que pasedes unha boa xornada! :)
El Concello pondrá diez paneles informativos en la isla de Santa Cruz
'La primera mesa deberá ofrecer una descripción sobre el itinerario del que marca el inicio y sobre la reserva de la biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, de la que el Concello de Oleiros forma parte'
Nuestros océanos: problemas y soluciones #infografía - Conciencia Eco
Os nosos #océanos 🌊 sofren un grave deterioro. Por iso, Conciencia Eco creou este informe que alerta sobre as causas, as consecuencias e as solucións para este problema. Bótalle unha ollada! 👀
Bodegas Casa Beade
En Cepas y Vinos entrevistan a José Luis Bouzón, colaborador da bodega Casa Beade 🍷 “La Blanco Legítimo tiene mucho potencial para vino de guarda”
Photos from Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo's post
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo promove unha mesa de traballo implicando a representantes de diversas entidades públicas e privadas (investigadores, Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia, SEPRONA, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca, empresas privadas e o Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo). A finalidade: minimizar o impacto sobre o medio natural das #aplicacións de #xurro de porcino dentro do territorio da Reserva. Esta reunión tivo lugar o pasado día 30 de xuño nas instalacións do CIAM.
Coñeces as #fervenzas da #Rexidoira? Este fermoso paraxe está no Concello Oza-Cesuras 😍
Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia
O segundo #prazo para solicitar as #axudas do IGAPE para novos emprendedores xa está aberto. Podes presentar a túa solicitude ata o 29/09 📆
Boas noites desde o Concello de Miño! :)
Guía de Produtores - Reserva de Biosfera
Coñeces a #GuíaDeProdutores da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo? O seu #obxectivo é dar a coñecer os nosos produtos agroalimentarios.
Photos from Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo's post
A Mostra do #BlancoLexítimo que se celebrará esta fin de semana (1 e 2 de xullo) no Concello de Paderne está chea de #actividades!
"En setembro sacarei a primeira produción, que se distribuirá en comedores escolares"
#Entrevista en La Opinion A Coruña - laopinioncoruna.es a Roberto Porta, o primeiro beneficiario dun #microcrédito concedido polo acordo entre a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e Obra Social "la Caixa".
Timeline Photos
Coñeces o proxecto #LifeBaccata? O seu obxectivo é conservar e restaurar o hábitat do #teixo. Para conseguilo organizan o seu primeiro #seminario técnico, que terá lugar este xoves 29 de xuño en León. Pretenden así involucrar a diversos sectores da sociedade na súa causa. Visita a súa web: http://www.life-baccata.eu/es